RCD / NOVAS

O cadro branquiazul descansa mañá domingo e regresa ao traballo o luns en Abegondo

16/10/2021 22:06

Concluído o encontro en ABANCA-RIAZOR ante a UD San Sebastián de los Reyes, Borja Jiménez citou de novo ao seu cadro o luns 18 de outubro ás 09:00 horas para almorzar e adestrar a continuación.

Así pois, mañá domingo 17 de outubro haberá xornada de descanso para o Deportivo. A próxima cita ligueira será no Sardinero de Santander ante o Real Racing Club o domingo 24 de outubro ás 12:00 horas (Footters).