RCD / NOVAS

O cadro do Dépor, citado mañá ás 10:15 en Abegondo

12/01/2021 21:48

O cadro do Deportivo está citado mañá mércores 13 de xaneiro ás 10:15 en Abegondo para, a partir das 11:00, comezar a preparar a visita ao Salamanca CF UDS, prevista para o domingo 17 de xaneiro ás 16:00 no Estadio Helmántico (16:00 horas, Footters).

Será ademais o primeiro adestramento de Rubén de la Barrera, que será presentado oficialmente ao concluír a sesión de traballo.