RCD / NOVAS

O CD Leganés chega o venres pola tarde á Coruña

07/12/2017 09:47

O CD Leganés, rival do Deportivo este sábado 9 de decembro no Estadio ABANCA-RIAZOR (18:30, Bein LaLiga) en partido pertencente á 15ª xornada de LaLiga Santander, ten previsto aterrar mañá venres 8 de decembro ás 20:15 horas no Aeroporto da Coruña.

Na cidade herculina, o hotel de concentración do equipo madrileño é o Attica 21 (zona Matogrande).