O Celta supera ao Infantil A no primeiro choque directo polo título galego
O Celta superou (4-1) ao Infantil A no primeiro dos dous derbis galegos da Fase polo Título. O disputado na Madroa corresponde á 6ª xornada. Álex González foi o autor do único tanto deportivista.
Con este resultado, os célticos encabezan agora a táboa con 18 puntos, por 15 puntos os deportivistas.
Infantil A: Lemos, Martín Burgos, Rubén, Álvaro, Zerfu, Hugo García, Sergio, Roque, Iván, Álex González e Quique. Tamén xogaron: Eloy, Hugo Baldomar, Trigo e Adrián Lombao.
A vindeira fin de semana non hai competición ligueira. En 15 días visitará Abegondo o Val Miñor Nigrán.
Os resultados do Infantil A nesta Fase polo Título son os seguintes:
San Tirso 0 - Infantil A 4 (Sergio -2- e Hugo Baldomar -2-) Infantil A 3 (Sergio, Hugo García e Hugo Baldomar) - Areosa 1 Infantil A 4 (Roque -3- e Hugo Baldomar) - Xuventude de Oroso 1 Ourense 0 - Infantil A 4 (Iván, Roque, Sergio e Quique) Infantil A 3 (Álex González -2- e Álvaro) - Calasanz 1 Celta 4 - Infantil A 1 (Álex González)