O Dépor ABANCA adéstrase mañá luns e descansará o martes
Finalizado o encontro ante o SE AEM en Abegondo, o Deportivo ABANCA adestrarase de novo na Cidade Deportiva mañá luns 18 ás 17:00 horas. Será unha sesión de recuperación para as futbolistas que hoxe foron titulares fronte ao equipo catalán.
O martes haberá xornada de descanso para o cadro branquiazul, nunha semana de parón ligueiro e, por conseguinte, sen partido de competición.