RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA arranca a semana esta tarde xa coas internacionais españolas no grupo

O Deportivo ABANCA comeza esta tarde a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do EDF Logroño á Cidade Deportiva, prevista para o domingo 17 de novembro ás 16:00 horas (Gol), en partido correspondente á 9ª xornada na Primeira Iberdrola.

Após unha merecida fin de semana de descanso para o cadro, Manu Sánchez poderá contar tamén coas 5 internacionais españolas que a semana pasada estiveron concentradas coa selección absoluta promesas e a sub-20: Misa, Noelia Villegas, Teresa Abelleira, María Méndez e Athenea del Castillo.

Faltarán estes primeiros días da semana unicamente as 3 xogadoras venezolanas, concentradas coa súa selección no Hotel Mancini Park de Roma até mañá martes 12 de novembro: Kika, Gaby e Michelle Romero.

O adestrador deportivista dispuxo 6 sesións de adestramento en Abegondo, segundo esta planificación, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas:

Luns 11 de novembro
16:00: Adestramento en Abegondo

Martes 12 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 13 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 14 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Venres 15 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 16 de novembro
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 17 de novembro
16:00: Deportivo ABANCA - EDF Logroño, en Abegondo