RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA atrasa o horario do partido ante o Real Betis para evitar coincidir co masculino

13/01/2020 11:30

O Dépor ABANCA atrasará o domingo 19 o horario do partido ante o Real Betis en Abegondo, correspondente á 17ª xornada na Primeira Iberdrola.

O choque entre deportivistas e béticas xogarase ás 18:30 para non coincidir co partido entre o primeiro equipo masculino e o Cádiz CF, que comeza ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR.

Manu Sánchez, técnico branquiazul, disporá 5 sesións de adestramento desde mañá martes, segundo esta planificación:

Martes 14 de xaneiro
17:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 15 de xaneiro
17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 16 de xaneiro
16:00: Adestramento en Abegondo

Venres 17 de xaneiro
17:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 18 de xaneiro
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 19 de xaneiro
18:30: Deportivo ABANCA - Real Betis, en Abegondo