RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA B gaña o Memorial Manuel Fernández Faraldo no seu peche de pretemporada

- Foto: @OrzanSD -

O Deportivo ABANCA B gañou a XVII edición do Memorial Manuel Fernández Faraldo ao imporse (3-1) ao UD Mos no campo de San Pedro de Visma (A Coruña).

Laura Otero, Elena López 'Cusi' e Laura Deus foron as goleadoras deportivistas neste último test de pretemporada para as pupilas de Kevin Cabado.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, Eva Santamaría, Paula Novo, María Calvo, Antía Brage, Marta Rico, Paula Monteagudo, Iria Otero, Laura Testa, Valeria e Noela. Tamén xogaron: Martina, Aroa González, Laura Deus, Elena López 'Cusi' e Laura Otero.

A próxima cita para o Dépor ABANCA B será xa a primeira xornada no grupo 1º de Primeira Nacional, no Campo Novo San Pedro (Vilalonga, Sanxenxo) fronte ao Viajes InterRías FF. O encontro xogarase o sábado 4 de setembro ás 18:30 horas.

A pretemporada transcorreu así para o Dépor ABANCA B:

Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Elena López 'Cusi', Uxía Cabada e Valeria)
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Elena López 'Cusi' e Laura Deus) - UD Mos 1