RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA buscará mañá en Abegondo ante o EDF Logroño continuar na senda do triunfo

O Deportivo ABANCA volve mañá domingo 13 de decembro á liga na Primera Iberdrola co encontro ante o EDF Logroño, correspondente á 11ª xornada, a partir das 12:00 horas no campo principal de Abegondo.

Esther Sullastres e Kenni son as únicas baixas por lesión para este choque ante un rival directo, posto que as rioxanas suman 4 puntos por 3 as deportivistas.

Sobre a gardameta deportivista falou Manu Sánchez na rolda de prensa previa ao encontro, esta mañá en Abegondo: "Ten un problema nun ombreiro. É un problema complicado. Está a levalo ben, é unha xogadora intelixente. Coñece o seu corpo perfectamente; pero a evolución é lenta e inesperada. Pode estar a semana que vén dispoñible como pode tardar algunha semana máis. Os médicos están pendentes, os fisioterapeutas. Ela é moi disciplinada, fai o seu traballo no ximnasio e mesmo no campo con tarefas que lle permite a súa lesión. É unha incógnita. Toca esperar que estea ben e co grupo", concluíu.

O Dépor ABANCA buscará manterse na senda do triunfo despois do logrado o pasado sábado en Eibar; e, de paso, dar un salto cualitativo na táboa. "Estou feliz por elas pero non estou contento porque cando miras a clasificación ponche na realidade, no teu sitio. Procuro abstraerme desa felicidade efémera para ser responsable e consecuente co que temos entre mans. En canto acabamos o partido en Eibar xa estaba a pensar neste e é o que temos que facer", apunta o adestrador branquiazul.

Finalizado o choque fronte ao EDF Logroño, as branquiazuis adestraranse de novo o luns 14 de decembro ás 17:30 na Cidade Deportiva.