RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA cae nun partido sen fútbol pero con goles do Real Madrid (3-0)

O Dépor ABANCA buscaba na Cidade Real Madrid facer bo o devandito de non hai quinto malo en procura dos primeiros puntos da temporada ante un Real Madrid coas exdeportivistas Misa e Teresa no equipo rival. O control do primeiro tempo foi case total do Real Madrid, que comezou a súa ofensiva sobre a portería do Dépor cun centro envelenado que Bedoya despexou a mans de Sullastres.

No minuto 17 o man a man entre Asllani e Sullastres levoullo a gardameta xerundense que saíu ben ao momento de penalti e aguantou de pé para taponar co corpo o lanzamento a media altura da dianteira local. Jessica Martínez estivo a piques de marcar un minuto despois nun bo pase en profundidade de Teresa a Jakobsson que após gañar liña de fondo púxoa ao segundo pau onde Martínez, de cabeza, rematou paralelo á liña de gol. A mesma xogada, ao revés, se acabou no fondo das redes. O balón colgado desde a dereita acabou nos pés de Sofía Jakobsson que, en xogada persoal dentro da área, puido levantar a cabeza, driblar e pór o balón na escuadra lonxe do alcance de Sullastres.

Após o 1-0 produciuse a primeira chegada perigosa do Dépor, no minuto 25, no que Helena dribló a saída de Misa pero o seu balón picado foi cortado pola defensa camiño da portería defendida pola canaria. A que non fallo foi Aslani na resposta branca. Un pase entre liñas de Cardona recibiuno na frontal a atacante sueca que rematou raso e cruzado ante a saída de Sullastres.

Á saída dun córner, desde a frontal, tivo a oportunidade de anotar Iris pero o seu disparo marchouse lixeiramente desviado. Os dous goles antes do descanso materializaron o dominio e a posesión branca na primeira parte, que fixo máis méritos que un Dépor ao que lle custou xerar xogo e parar as acometidas brancas.

A segunda parte non tivo historia nas áreas. O Dépor só chegou en dúas ocasións, xa nas postrimerías, cunha xogada individual de Lady que non atopou rematadora e un corner no 80 que sacou Misa estirándose a media altura no medio da zaga. O Real Madrid chegou algo máis, pero en ningún momento inquietou a Sullastres, salvo nunha dobre ocasión por banda que sacou ben a gardameta deportivista e no último tanto do partido, un man a man que parou en primeira instancia pero que após o rexeite converteu de novo a dianteira sueca.

Real Madrid: Misa, Robles, Peter, Kaci, Olga, Jakobsson, Cardona (Ubogagu, min. 80), Ivana, Teresa (Thaisa, min. 66), Asllani e Martínez (Lorena Navarro, min. 65)

Deportivo ABANCA: Sullastres, Patri López, Bedoya, Blanco, Villegas, Ainoa, Iris Arnaiz (Lía, min. 64), Athenea (Gaby, min. 77), Alba (Eva Dios, min. 77), Lady e Helena (Michelle Romero, min. 64)

Goles: 1-0 Jakobsson (min. 21); 2-0 Asllani (min. 28); 3-0 Asllani (min. 85)

Árbitra: Sánchez Miguel (c. Catalán). Amoestou a Carmona (min. 51)

Incidencias: partido da 5ª xornada de Primera Iberdrola disputado no campo 11 da Cidade Real Madrid de Valdebebas