RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA cambia o sábado a herba de Abegondo polo campo do Monte, de céspede artificial

O Deportivo ABANCA varía a súa folla de ruta semanal con vistas á visita ao Rayo Vallecano deste domingo 28 de febreiro ás 12:00 na Cidade Deportiva Fundación Rayo Vallecano, en partido correspondente á 7ª xornada que foi aprazado o 5 de novembro e o 13 de xaneiro en ambos os casos por COVID-19.

O sábado antes de viaxar por estrada a Madrid, o cadro deportivista cambia o escenario do adestramento que arranca ás 10:00. Manu Sánchez traballará no campo de herba artificial do Monte, en San Tirso, para adaptarse á tamén superficie sintética do escenario do encontro ante o Rayo Vallecano.

Non é a primeira vez que o corpo técnico do Deportivo ABANCA esta temporada adopta esta estratexia, sempre en función do tipo de céspede do rival.