RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA conclúe unha temporada perfecta coa súa segunda Copa Galicia consecutiva

11/06/2019 22:27

O Deportivo ABANCA concluíu unha temporada histórica coa súa segunda Copa Galicia de forma consecutiva, que logrou após derrotar (6-1) de forma incontestable ao CD Lugo Peluquería Mixta Friol esta tarde no campo Vista Alegre de Ordes.

Desta forma, as pupilas de Manu Sánchez suman este título copeiro ao seu merecido ascenso á liga Iberdrola.

Como é habitual, as deportivistas fixéronse rápido co mando do partido e aos 10 minutos xa dominaban o marcador. Teresa Abelleira, Gaby, Alba Merino -2-, Peke e Iris foron as autoras dos goles branquiazuis.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Silvia Mérida, Raquel, Erika, Teresa, Iris, Alba Merino, Lía, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Malena, Sofía, Nuria, Michelle Romero e Patri López.

Os resultados do Deportivo ABANCA nesta Copa Galicia foron os seguintes:

Fase de Grupos
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA 3 (Alba Merino, Kika e Lía)
Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - Atlántida de Matamá 0
Victoria FC 2 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Carlota e María Calvo)
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Peke -2-, Lía, Carlota e Ainhoa)
Atlántida de Matamá - Deportivo ABANCA, (aprazado)
Deportivo ABANCA 3 (Alba Merino e Gaby -2-) - Victoria FC 0

Semifinal
Deportivo ABANCA 7 (Gaby, Kika, Peke -2-, Alba Merino, Nuria e María Calvo) - Atlético Arousá 0

Final
Deportivo ABANCA 6 (Teresa Abelleira, Gaby, Alba Merino -2-, Peke e Iris) - Peluquería Mixta Friol CD Lugo 1