RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA desprázase a Huelva, vía Sevilla, este venres para visitar ao Sporting Huelva

15/10/2019 13:00

O Deportivo ABANCA viaxa este venres 18 de outubro a Huelva, vía Sevilla, para visitar ao Sporting Huelva o sábado 19 de outubro (13:00 horas), en partido correspondente á 6ª xornada na Primeira Iberdrola.

O regreso á Coruña será por estrada nada máis finalizar o encontro no Estadio Nuevo Colombino.

O plan de viaxe é o seguinte:

Venres 18 de outubro
10:30: Adestramento en Abegondo
14:40: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
16:00 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Sevilla e traslado en autocar a Huelva
17:45 (horario aproximado): Chegada a Huelva e aloxamento no Hotel Sercotel Familia Conde

Sábado 19 de outubro
13:00: Sporting Huelva - Deportivo ABANCA, no Nuevo Colombino
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña con parada a cear en Salamanca

Domingo 20 de outubro
2:00 (horario aproximado): Chegada á Coruña