O Dépor ABANCA desprázase este venres a Madrid para visitar ao Madrid CFF o sábado ás 13:00 horas
O Deportivo ABANCA viaxa este venres 18 de decembro a Madrid para enfrontarse o sábado 19 de decembro ás 13:00 horas (campo de Matapiñonera de San Sebastián de los Reyes) ao Madrid CFF, en partido correspondente á 12ª xornada na Primera Iberdrola.
Será o penúltimo encontro oficial antes do parón do Nadal, posto que o martes 22, o equipo de Manu Sánchez recibe en Abegondo ao FC Barcelona.
O cadro deportivista desprázase a Madrid o venres unha vez finalizado o último adestramento previo ao partido, fixado ás 15:30 en Abegondo.
O regreso á Coruña do Deportivo ABANCA será por estrada unha vez finalizado o choque ante as madrileñas, sen dúbida un dos conxuntos máis en forma da máxima categoría do fútbol español.
O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:
Venres 18 de decembro 15:30: Adestramento en Abegondo 20:40: Saída o voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Madrid - Adolfo Suárez 21:50: Chegada aproximada e traslado ao hotel Eurostars Madrid Congress
Sábado 19 de decembro 13:00: Madrid CFF - Deportivo ABANCA, en Matapiñonera (San Sebastián de los Reyes) Ao concluír, traslado en autocar á Coruña