RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA desprázase este venres a Sevilla para enfrontarse ao Real Betis Féminas o sábado

10/09/2019 11:52

O Deportivo ABANCA desprázase este venres 13 de setembro a Sevilla para enfrontarse ao Real Betis Féminas o sábado 14 ás 16:00 horas na Cidade Deportiva Luis del Sol, con motivo da 2ª xornada da Primeira Iberdrola.

O regreso á Coruña será nada máis concluír o encontro ante as béticas.

O plan de viaxe é o seguinte:

Venres 13 de setembro
10:00: Rolda de prensa de Manu Sánchez en Abegondo
10:30: Adestramento en Abegondo
14:40: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
16:05: Chegada aproximada a Sevilla e aloxamento no hotel Silken Al Andalus Palace

Sábado 14 de setembro
16:00: Real Betis Féminas - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva Luis del Sol
Ao concluír, viaxe por estrada á Coruña