RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA iguala con xustiza no desconto (1-1)

O Dépor ABANCA buscaba no campo José Luis de la Hoz-Matapiñonera a terceira vitoria consecutiva ante un Madrid CFF de extremos nas últimas xornadas, capaz de bater con claridade a equipos destacados da categoría. A gran dúbida ao arrincar o partido era cal podía ser a cara das locais ante un Dépor ABANCA que non dominou o partido na primeira parte pero que tampouco sufriu en exceso e conseguiu equilibrar as forzas.

As primeiras dúas chegadas das locais foron senllos saques de esquina camiño do minuto 10. Á saída do segundo lesionáronse Noe e Branco, que completou o partido lucindo unha aparatosa vendaxe na cabeza, por un choque que non lles impediu seguir e render. Tanto é así que no minuto 14 Noe gañou un man a man con Geyse, liquidado cunha dobre parada e balón a córner. Tamén desde o vértice chegou a primeira aproximación do Dépor ABANCA no tempo inicial. Foi no 27 nun saque botado por Peke. A máis clara para as branquiazuis, un disparo de Branco preto do traveseiro após pegar nunha defensa. Á saída do saque de esquina, a media chilena de Gaby marchouse desviada.

A balón parado chegaron a práctica totalidade das aproximacións de ambos os equipos antes dun descanso ao que se chegou cun 0-0 que certificaba a igualdade e as poucas chegadas que ilustraron o tramo inicial do partido.

Na continuación non cambiou para nada a cara do partido, pero se unha condicionante clave. O Madrid CFF acertou na primeira que tiveron nunha xogada por banda esquerda, pase á frontal e rebote que queda morto a Geyse, que, coa punta do pé empuxouna ao fondo da portería Deportivista. O partido púñase así costa arriba para o Dépor ABANCA dada a tremenda igualdade existente.

Así foi que practicamente até o minuto 80 ningún equipo pisou con claridade área contraria. A medida que se achegaba o desenlace o Dépor tentábao con maior insistencia froito da cal chegaron dúas aproximacións, a primeira á que non chego Michelle despois dunha rápida xogada de Athenea e Peke e a segunda de Gaby de cabeza. Pero á terceira si foi a vencida, cando Peke conseguiu materializar, a un minuto do asubío final, o tanto que daba o merecido empate ao equipo de Manu Sánchez, que conseguía reflectir no marcador o que se viu no campo e manter a xeira de tres partidos seguidos sen coñecer a derrota.

Agora toca preparar o peche do ano en Abegondo. Será a primeira visita do Barça a Galicia para enfrontarse ás Nosas o martes ás 14:00 h. na Cidade Deportiva branquiazul.

Madrid CFF: Sampalo, Joyce, Frisbie, Mónica, Itzi, Ronsel (Sara Tui, min. 69), Rita, Laurita (Paula, min. 78), Priscila (Silvia Rubio, min. 69), Geyse (Okeke, min. 83), Maca (Valeria Cantuario, min. 78)

Dépor ABANCA: Noe Bermúdez, Cris, Ainoa, Blanco, Villegas, Iris, Lía (Michelle, min. 65), Arbeláez (Lady Andrade, min. 82), Gaby, Peke e Athenea

Goles: 1-0 Geyse (min. 50); 1-1 Peke (min. 90+2)

Árbitra: Peláez Arnillas (c. Castelán-Leonés) Amoestou a Cris (min. 36); Joyce (min. 38) e Villegas (min. 43)

Incidencias: partido da 12ª xornada de Primera Iberdrola disputado no campo José Luis de la Hoz-Matapiñonera