RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA imponse ao CD Parquesol no amigable de Bembibre, primeiro de pretemporada

O Deportivo ABANCA disputou hoxe sábado 12 de setembro o seu primeiro amigable de pretemporada.

Tivo lugar con presenza de público no campo da Devesa da localidade leonesa de Bembibre ante o CD Parquesol, equipo valisoletano que milita na categoría Reto Iberdrola.

Impúxose baixo unha sufocante calor o Dépor ABANCA (3-0), con goles de Helena Torres, Ainoa e Cris. As branquiazuis fixeron valer a súa superioridade técnica e física, sobre todo na segunda metade, a pesar de contar coas baixas de Peke, concentrada coa selección española; e Carlota, Stephannie Blanco, Noelia Bermúdez, Athenea, Noelia Villegas, Kika e Alba Merino, tocadas.

Deportivo ABANCA: Sullastres, Cris, Iris, Sara Álvarez, Kenni, Arbeláez, Ainoa Campo, Laidi Andrade, Eva Deus, Michelle Romero e Helena Torres. Tamén xogaron: Jessica, Patri López, Nuria Torres, Gaby, Tati e Lorena.

Após o encontro en Bembibre, o Dépor ABANCA descansa mañá domingo e o luns. As futbolistas branquiazuis regresan aos adestramentos o vindeiro martes 15 de setembro ás 17:30 en Abegondo.