RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA leva a todas as xogadoras dispoñibles para o primeiro 'match-ball', mañá en Vigo

O Deportivo ABANCA disputa mañá domingo 31 de marzo ás 12:30 horas no campo vigués das Relfas ante o Sárdoma CF, en choque correspondente á 24ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional, o seu primeiro 'match-ball' na liga.

As deportivistas, con 67 puntos por 60 do Oviedo Moderno CF a falta de 3 partidos, serán campioas de liga matematicamente se vencen esta fin de semana. Unha cita pois para a historia do Club.

Manu Sánchez citou a todas os seus xogadores dispoñibles, que son as seguintes: Anita, Miralles, Iris, Gaby, Peke, Cris, Curbelo, Patri López, Lía, Teresa, Miriam, Alba Merino, Patri Díaz, Ali Muñoz, Nuria Rábano, Erika, Raquel e Yamamoto.

Quedan fóra da convocatoria por lesión o resto: Laura, Michelle Romero, Malena e Silvia Mérida.