O Dépor ABANCA pon fin mañá mércores 30 de decembro ás súas vacacións do Nadal
O Dépor ABANCA, despois do parón do Nadal, retoma os adestramentos mañá mércores 30 ás 17:30 horas na Cidade Deportiva de Abegondo.
A seguinte cita ligueira para o conxunto branquiazul será o martes 5 de xaneiro de 2021 ás 12:00 horas (11:00 hora insular) no Estadio de La Palmera de San Isidro ante o UD Granadilla Tenerife Egatesa, con motivo da 14ª xornada na Primera Iberdrola.
Para preparar este encontro, Manu Sánchez disporá de catro sesións de traballo, segundo esta planificación sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas:
Mércores 30 de decembro 17:30 h en Abegondo
Xoves 31 de decembro Descanso
Venres 1 de xaneiro Descanso
Sábado 2 de xaneiro 17:00 en Abegondo
Domingo 3 de xaneiro 17:00 en Abegondo
Luns 4 de xaneiro 17:00 (hora insular) en Santa Cruz de Tenerife (pendente de confirmación)
Domingo 5 de xaneiro 12:00 (11:00 hora insular): UD Granadilla Tenerife Egatesa - Deportivo ABANCA, no Estadio de La Palmera (San Isidro)