RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA puxo fin a unha semana sen fútbol cun último adestramento hoxe en Abegondo

Un último adestramento esta mañá en Abegondo puxo o punto e final a unha semana sen fútbol de competición para o Dépor ABANCA.

O partido correspondente á 25ª xornada de liga na Primera Iberdrola ante o Atlético de Madrid previsto para hoxe sábado 3 de abril ás 12:00 na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares foi aprazado onte por casos de COVID-19 no conxunto madrileño.

O Xuíz de Competición da RFEF fixará agora unha nova data para a celebración do partido "nunha nova data o máis próxima no tempo que se determinará por este órgano axiña que como se acrediten toda as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

Mañá domingo haberá xornada de descanso. O Dépor ABANCA retoma os adestramentos o luns 5 de abril ás 16:30 horas para arrancar outra semana sen fútbol de competición.