RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA recibirá ao Atlético de Madrid en ABANCA-RIAZOR

16/11/2020 18:38

O Real Club Deportivo e a RFEF fixaron xa data, hora e lugar para o partido da 9ª xornada de Primera Iberdrola que lle enfrontará en casa ao Atlético de Madrid. #Asnosas xogarán como locais por segunda xornada consecutiva no Estadio ABANCA-RIAZOR o domingo 22 de novembro ás 16:15 h. nun partido retransmitido en directo por GOL.

As condicións de acceso ao Estadio quedan pendentes de anunciar nas próximas horas en función da situación epidemiolóxica e as medidas sanitarias e sociais autorizadas.