RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA recupera a Andrea Sierra para o partido de mañá en Abegondo ante o SE AEM

O Dépor ABANCA estrea horario esta fin de semana, posto que o partido de Reto Iberdrola de mañá domingo 17 de outubro ante o SE AEM catalán xogarase a partir das 13:00 horas na Cidade Deportiva.

As branquiazuis, en boa dinámica, son, co RCD Espanyol, as únicas capaces de seguir o ronsel do FC Levante Las Planas: 13 puntos teñen deportivistas e espanyolistas por 15 o actual líder do grupo norte de Reto Iberdrola.

Miguel Llorente perde durante as próximas semanas a Alba Merino, a capitá do Dépor ABANCA, operada esta semana do menisco do seu xeonllo dereito no Hospital QuirónSalud A Coruña. Mañá domingo, a centrocampista empeza na Cidade Deportiva a súa recuperación.

Por contra, o técnico deportivista recupera a Andrea Sierra despois dunha semana de adestramentos co grupo.

Aroa Guerra é a representante de #ANOACANTEIRA na convocatoria branquiazul.

O rival, o SE AEM vén de encaixar unha derrota no seu campo ante o CDF Osasuna Femenino (1-3). Con nove puntos, despois de tres vitorias e dúas derrotas, é actualmente sexto na táboa.

O RC Deportivo habilitou o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19. Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá portar máscara en todo momento e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños).

Finalizado o encontro, o Deportivo ABANCA adestrarase de novo en Abegondo o luns 18 ás 17:00 horas.