RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA viaxa este sábado por estrada a San Sebastián para medirse á Real Sociedad

O Deportivo ABANCA desprázase este sábado 6 de marzo por estrada a San Sebastián para visitar o domingo 7 ás 11:00 (Gol) á Real Sociedad nas instalacións realistas de Zubieta, en partido correspondente á 21ª xornada na Primera Iberdrola.

Antes de viaxar, Manu Sánchez dirixirá unha última sesión de adestramento na Cidade Deportiva, a partir das 10:00.

O regreso á Coruña do Deportivo ABANCA será tralo partido, tamén por estrada.

O plan de viaxe do conxunto deportivista é o seguinte:

Sábado 6 de marzo
10:00: Adestramento en Abegondo
12:30: Saída en autocar a San Sebastián
20:00 (hora aproximada): Chegada ao hotel K10 en Urnieta

Domingo 7 de marzo
11:00: Real Sociedad - Deportivo ABANCA, en Zubieta
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña