RCD / NOVAS

O Dépor adéstrase mañá luns en Abegondo

06/10/2019 21:50

Finalizado o choque ante o UD Almería correspondente á 10ª xornada en LaLiga SmartBank, Juan Antonio Anquela citou ao seu cadro de novo mañá luns 7 de outubro ás 10:30 horas en Abegondo para un novo adestramento, que será de recuperación para os titulares esta tarde en ABANCA-RIAZOR.

O martes está prevista xornada de descanso para os futbolistas branquiazuis.