RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor aperta en intensidade mirando de esguello ao Nàstic

Natxo González non quere que os seus futbolistas perdan intensidade. Así, esta mañá, un exercicio de fútbol en espazo reducido, de alto ritmo, foi unha das tarefas dispostas polo técnico deportivista, no campo 2 da Cidade Deportiva.

A continuación, o cadro completou unha tarefa táctica e, para concluír, repaso de accións de estratexia, habitual a medida que se achega a data do partido, neste caso a visita do Nàstic de Tarragona a ABANCA-RIAZOR, prevista para o sábado 16 de febreiro (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

Os fabrilistas Pedro López, Montiel, Arturo Segado e Javi Cobo exercitáronse ás ordes de Natxo González.

Mañá venres, o Dépor adéstrase a porta pechada en ABANCA-RIAZOR a partir das 11:00 horas. Ao finalizar, o adestrador deportivista fará pública a lista de convocados que se concentrarán pola tarde no Hotel Meliá María Pita.