O Dépor arranca a semana cun adestramento máis curto para os titulares ante o CD Lugo
O Deportivo comezou esta mañá a preparar a visita ao Real Mallorca, prevista para este sábado 12 de xaneiro en Son Moix (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 21ª xornada en LaLiga 1|2|3.
Após un quecemento e un exercicio de posesión de balón para todos os futbolistas, os titulares ante o CD Lugo o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR continuaron con tarefas de recuperación no vestiario.
Os demais integrantes do cadro, ademais do fabrilista Álex Cobo, completaron o traballo sobre o céspede con fútbol en espazo reducido. Só Pedro Sánchez, tocado, está á marxe do grupo.
Mañá mércores 9 de xaneiro haberá dobre quenda, pola mañá (10:30) e pola tarde (16:30).