RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arranca sen os internacionais, pero con Luisinho e Fede Cartabia no grupo

O Dépor, incluído o meta fabrilista Álex Cobo, comezou esta tarde en Abegondo a preparar a visita ao Málaga, en partido da 12ª xornada de LaLiga Santander previsto para o domingo 19 de novembro ás 12:00 horas na Rosaleda (Bein LaLiga).

Cristóbal, técnico deportivista, non pode contar aínda cos seus internacionais: Borges, Fede Valverde, Andone, Pantilimon e Schär; pero si con Luisinho e Fede Cartabia xa co grupo, despois de estar toda a pasada semana con adestramento específico no ximnasio.

Fabian Schär será o primeiro dos internacionais en regresar. Chegará á Coruña ao longo de mañá martes e adestrarase co Dépor o mércores.

Tamén realizou hoxe a primeira parte do adestramento co grupo Carles Gil, que dá así un paso máis na súa recuperación. Así pois, só Adrián adestrouse á marxe, co readaptador Fran Molano. Ambos os futbolistas, do mesmo xeito que Rubén Martínez, están aínda sen a alta médica.

A tarde iniciouse no ximnasio, cun traballo de forza. Xa sobre o céspede, e após un quecemento, houbo un exercicio de posesión e, para concluír, un partido de activación área a área.

Mañá martes, o cadro está citado en Abegondo ás 10:30 horas.