RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrinca cun adestramento esixente, especialmente para os que non actuaron de inicio en Majadahonda

O Deportivo comezou esta mañá en Abegondo a preparar a próxima cita ligueira, a visita do CD Numancia a ABANCA-RIAZOR prevista para este sábado 8 de decembro (13:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 17ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Natxo González 'recibiu' aos seus futbolistas, hoxe ademais coa meta fabrilista Álex Cobo, cunha sesión esixente desde o punto de vista físico, ademais nunha semana curta. Así, após un quecemento, houbo un circuíto de forza, un exercicio de posesión de balón e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade; tarefa na que xa non participaron os que foron titulares o pasado domingo nel Cerro do Espino: Dani Giménez, Bóveda, Marí, Saúl, Mosquera, Carles Gil, Didier Moreno, Quique González e Edu Expósito. Todos eles acabaron o adestramento con tarefas de recuperación.

Entráronse á marxe do grupo Pedro Sánchez, hoxe ás ordes do readaptador Fran Molano; Fede Cartabia; Carlos Fernández, cunha sobrecarga nos isquiotibiais da súa perna dereita; e Somma, con molestias nun xemelgo.

Mañá mércores 5, o equipo regresa aos adestramentos ás 11:00 en Abegondo.