RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor aumenta a carga e pasa de 5 a 9 sesións de traballo semanais

O Deportivo imprime unha marcha máis á pretemporada a pouco máis dun mes do inicio da competición.

O corpo técnico branquiazul dispuxo dunha semana na Cidade Deportiva na que haberá 3 días con dobre quenda de traballo e ademais un adestramento o sábado 19 de setembro. Así pois, o cadro pasa das 5 sesións das últimas semanas a un total de 9.

A progresiva chegada dos reforzos fai que Fernando Vázquez comece xa a realizar tarefas tácticas de cara a construír o novo Dépor 20•21.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 14 de setembro
10:00 h. e 18:00 h.

Martes 15 de setembro
10:00 h.

Mércores 16 de setembro
10:00 h. e 18:00 h.

Xoves 17 de setembro
10:00 h.

Venres 18 de setembro
10:00 h. e 18:00 h.

Sábado 19 de setembro
10:00 h.