RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comezou esta mañá a preparar a visita do Sporting de Gijón a ABANCA-RIAZOR

O Deportivo comezou a preparar esta mañá en Abegondo o partido ante o Sporting de Gijón deste sábado 14 de marzo en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol).

Tiveron adestramento específico Dani Giménez, Eneko Bóveda, Sabin Merino e Jovanović, este a consecuencia dunha contusión que sufriu o pasado domingo. Salva Ruiz, que comezou co grupo, retirouse antes aos vestiarios ao sentir algunha molestia nos isquiotibiais da súa perna esquerda.

Esta mañá, cos canteiráns Mujaid, Juan Rodríguez, Alberto e Boian, o técnico deportivista dispuxo, após un quecemento, unha tarefa de posesión, unha serie de exercicios tácticos, un traballo de finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Mañá mércores, o cadro está citado ás 9:30 en Abegondo para almorzar e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.