RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comezou hoxe con todo o cadro dispoñible a preparar a visita do Salamanca CF a ABANCA-RIAZOR

O Deportivo comezou esta mañá en Abegondo a preparar a 1ª xornada no subgrupo A do Grupo 1º de Segunda División B, este domingo 18 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante o Salamanca CF UDS (19:00 horas).

Fernando Vázquez puido contar con todos os seus futbolistas sobre o céspede, incluídos Salva Ruiz, Borja Galán, Rui Costa e Nacho González, que se perderon por algunha molestia muscular o último amigable da pretemporada disputado o pasado sábado en Bembibre ante o Valladolid Promesas.

Javi Sanmartín e Pablo Brea adestráronse hoxe co Fabril de Juan Carlos Valerón.

Pola súa banda, Alberto Casal, técnico de porteiros, citou hoxe ao canteirán Alberto para traballar con Carlos Abad e Lucho García.

Após un quecemento con rondos, o técnico deportivista dispuxo un exercicio táctico con porterías no campo 2 e un partido. Ao concluír, Fernando Vázquez quedou cos centrais e laterais no campo 2 co fin de realizar unha tarefa específica defensiva.

Mañá mércores, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.