RCD / NOVAS

O Dépor de LaLiga Genuine última o seu debut en Vila-real este fin de semana

03/10/2017 18:47

O Real Club Deportivo que participará na primeira edición de LaLiga Genuine realizará este mércores 4 na Cidade Deportiva da Torre o seu último adestramento antes do debut na competición, que arrinca este fin de semana en Vila-real.

Pablo Barros, técnico do equipo, convocou a estes 16 futbolistas para a estrea do cadro branquiazul na posta de longo desta competición impulsada por LaLiga: Alejandro Agustín Pereira Sayar, Alejandro Gómez Barbeito, Álvaro López Peribáñez, Anxo Martínez Barreiro, Borja Eiroa Castro, Cristian Vázquez Gerpe, Daniel Trasancos Lima, Gabriel Cives Branco, Ignacio García González, Iván Bernárdez Palmeiro, Iván Lorenzo Santiago, Juan Agustín Torres Martínez, María del Carmen Durán Rodríguez (Segunda capitá), Senén Fernández Díaz (Primeiro capitán) Víctor Vales Ruz e Sergio Díaz Rodríguez (Terceiro capitán)

O equipo sairá desde Alvedro o venres ás 13:35, facendo escala en Madrid e aterrando Valencia ás 17:20 horas. O hotel de Concentración é Marina D´or.

A competición comezará con estes 3 partidos para os deportivistas:

Sábado 10:00 RC Deportivo – Las Palmas
Sábado 15:30 RCD Espanyol – RC Deportivo
Domingo 09:00 RC Deportivo – Athletic Club

Previamente terá lugar, ás 20:00 horas do venres no Mini Estadi da Cidade Deportiva Miralcamp (Vila-real), a presentación da competición na que participarán os capitáns dos equipos.