RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor e Estrella Galicia reparten deportivismo no Hipermercado Gadis de Bastiagueiro

Tres dos xogadores máis queridos polo deportivismo, Laure, Juanfran e Marlos Moreno, repartiron esta tarde, da man de Estrella Galicia, deportivismo no Hipermercado Gadis de Bastiagueiro (Oleiros).

Ás 19:00 horas, os tres futbolistas tomaron posicións nun stand especialmente preparado para a ocasión, e ante unha longa cola de afeccionados, fundamentalmente nenos.

Asinaron pósteres oficiais, fotos súas e calquera tipo de obxecto: balóns, camisetas, fundas de móbil, cartafoles, postalillas oficiais...

Os tres, sempre cun sorriso, posaron en innumerables fotos e mesmo non dubidaron en coller en brazos aos máis pequenos.

O vindeiro martes 18 de abril, Álex Bergantiños, Albentosa e Joselu serán os protagonistas nun novo acto do Deportivo e Estrela Galicia, ás 19:00 no Hipercor Coruña de Marineda City.