RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor encara o choque ante o Extremadura UD con todos os dispoñibles, salvo o meta Alberto

Fernando Vázquez citou a 23 xogadores, todos os dispoñibles salvo o meta Alberto, para o partido de mañá domingo 12 de xullo en ABANCA-RIAZOR ante o Extremadura UD (17:00 horas, Movistar LaLiga), correspondente á 40ª xornada en LaLiga SmartBank.

Caen da convocatoria por lesión Somma, Uche, Salva Ruiz, a consecuencia dunhas molestias nos isquiotibiais e, a última hora, Peru Nolaskoain. Segundo explicou Fernando Vázquez en rolda de prensa, "onte adestrou con certa alegría. Sentiu ben, sen forzar demasiado. Hoxe pensaba adestrar co equipo pero desgraciadamente púxose enfermo, unha amigdalite. Tivo febre. Está na cama. Por tanto está descartado para mañá".

O técnico deportivista, sancionado con 3 partidos após o partido do pasado mércores en Málaga, non se poderá sentar no banco e terá que seguir o choque desde a bancada de ABANCA-RIAZOR. Opina que as sancións a un adestrador "parécenme fóra de século, antigas. Habería que facer outra cousa".

Na sesión desta calorosa mañá, que arrincou cun quecemento e rondos, Fernando Vázquez dispuxo dunha tarefa de posesión e fútbol en espazo reducido para concluír, co cadro dividido en tres equipos.

O Dépor concéntrase mañá domingo, día do partido ante o conxunto que dirixe o ex deportivista Manuel Mosquera.