RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ensaia o plan para frear ao Zaragoza

O Deportivo, hoxe cos canteiráns Mujaid, Álex Cobo, Boian e Juan Rodríguez, afanouse esta mañá en ensaiar o plan para frear ao Real Zaragoza este domingo (16:00 horas, #Vamos) en La Romareda.

Esta mañá Fernando Vázquez, que estivo encima en todo momento dos seus futbolistas, dispuxo unha serie de exercicios tácticos, con todos os sentidos postos no choque ante un dos equipos máis potentes de LaLiga SmartBank.

A mañá concluíu no céspede cun exercicio de posesión con porterías pequenas e un partido a metade do campo 2.

Coa ausencia de Michele Somma, tiveron adestramento específico co readaptador Fran Molano e os fisioterapeutas do primeiro equipo Claudio Beauvue e Salva Ruiz.

Mañá venres 21 de febreiro haberá un novo adestramento, a partir das 10:30 horas en Abegondo.