RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor, finalista da 1ª edición do Genuine Talent

A COVID-19 detivo moitos aspectos da nosa vida, pero non puido co espírito de LaLiga Genuine. A pesar da imposibilidade de renovar a actividade deportiva presencialmente até a data, os 36 clubs da competición volverán competir e a divertirse, nesta ocasión en formato virtual, os próximos días 17 e 18 de abril.

Trátase da Competición Virtual de LaLiga Genuine, que reunirá aos 36 equipos nunha mesma plataforma, onde todos os seguidores da competición terán a oportunidade de vivir unha experiencia repleta de diversión, deporte e música, na que os valores Genuine volverán estar moi presentes.

Dentro do calendario de actividades, o sábado ás 11:30 h. celebrarase a gala final da 1ª Edición do Genuine Talent, un talent show no que participaron representantes dos 36 equipos, mostrando o seu talento máis especial e sorprendente.

Os seguidores da conta oficial de LaLiga Genuine en YouTube foron os que, mediante os seus máis de 25.000 votos, elixiron aos 10 finalistas que este próximo sábado vivirán a emoción do “talent show” máis xenuíno da historia. Xunto ao Dépor, interpretando o Rock do Deportivo, entre os 10 finalistas atópanse: Real Oviedo, UD Almería, Fundación Málaga CF, CD Tenerife EDI, Real Zaragoza, Club Gimnàstic de Tarragona, Granada CF, CA Osasuna e CD Lugo.

Para elixir aos 3 equipos gañadores, a competición terá a colaboración dun xurado de gala repleto de caras coñecidas do panorama nacional: Fernando Sanz, presidente da Fundación LaLiga; Felipe Martín, director de patrocinios, eventos e RRSS de Santander España; Miguel Justribó, responsable de Comunicación e RSC de Telepizza; Santi Millán, actor, presentador e humorista; Xema Hassen-Bey, medallista paralímpica e comunicadora, e Jesús Vidal, actor e gañador dun Goya en 2018 coa película “Campións”.

Todos eles, xunto ao resto de xogadores e corpo técnico de LaLiga Genuine, terán a difícil tarefa de elixir as tres mellores actuacións nun acto que se poderá seguir en streaming na páxina web da Competición Virtual de LaLiga Genuine.