RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Genuine e a CRTVG celebrarán mañá sábado o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz cun partido inclusivo

O campo 1 da Cidade Deportiva de Abegondo acollerá mañá sábado 6 de abril a partir de las 11:00 horas un encontro inclusivo de fútbol 8, no que se mesturarán xogadores do Deportivo de LaLiga Genuine e traballadores da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), con motivo do Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz promovido pola ONU.

O RC Deportivo, sempre disposto a traballar en favor da integración, colabora con esta iniciativa cedendo as instalacións da Cidade Deportiva. Igualmente, varios xogadores do equipo branquiazul que participa en LaLiga Genuine saltarán ao céspede de Abegondo, malia que 16 deles desprázanse a Madrid esta fin de semana para disputar a terceira xornada desta competición.

Los convocados por el Dépor Genuine son Andrés Manuel Barbeito, Gabriel Cives, María del Carmen Durán, Bárbara Flores, Alejandro Gómez, Roi González, Nikita Kharlamov, Alejandro Lugrís, Samuel Martínez, Javier Martínez, Daniel Trasancos e Cristian Vázquez.

Ademais, o xornalista Alfonso Pardo fará en directo o programa 'Convivir deportivo' da Radio Galega, que tamén se emitirá pola web crtvg.gal. O ente autonómico lanza a súa primeira campaña de RSC en 2019 subliñando o potencial integrador do deporte para unir ás persoas e romper prexuízos, co hashtag #NonMiresXoga.