Unha serie de exercicios por grupos orientados aos remates a portería foi unha das tarefas principais do Deportivo no adestramento desta mañá en Abegondo.
A xornada no campo completouse cunha tarefa táctica supervisada por Borja Jiménez no campo 2 da Cidade Deportiva; e un torneo de fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.
Con Jaime e Trilli á marxe do grupo, Alberto, Noel e Yeremay foron esta mañá a representación de #ANOSACANTEIRA no céspede.
Mañá xoves, o Dépor seguirá preparando a visita ao Unionistas de Salamanca CF deste domingo 26 de setembro ás 12:00 no Estadio Reina Sofía (Footters). Os futbolistas están citados para almorzar ás 9:00 no comedor da instalación deportivista e saltar ao campo a partir das 10:30 horas.