RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor leva a 18 futbolistas esta tarde a Xixón

O Deportivo afronta mañá domingo 27 de xaneiro o partido no Molinón (18:00 horas, Movistar Partidazo) ante o Sporting de Gijón con 18 futbolistas, citados por Natxo González ao finalizar a sesión desta mañá en Abegondo.

Quedan fóra da convocatoria por lesión Saúl, Krohn-Dehli e Pedro Sánchez.

Na sesión de hoxe en Abegondo, os futbolistas arrincaron cun quecemento e remates a portería. Os técnicos branquiazuis dispuxeron ademais dun partido ao ancho do campo 2, unha tarefa táctica e, para concluír, un último ensaio de accións a balón parado.

O equipo viaxa esta tarde por estrada a Xixón, segundo este plan de viaxe:

Sábado 26 de xaneiro
17:00: Saída en autocar desde Abegondo a Xixón
20:00: Chegada aproximada ao hotel NH Xixón

Domingo 27 de xaneiro
18:00: Sporting de Gijón - Deportivo, no Molinón
Ao finalizar, regreso en autocar

00:00: Chegada aproximada á Cidade Deportiva