RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor leva aos 16 dispoñibles e 2 fabrilistas a Cádiz

O Deportivo encara o partido de mañá sábado 21 de setembro no Estadio Ramón de Carranza (16:00 horas, #Vamos) con todos os seus xogadores dispoñibles, un total de 16, ademais dos canteiráns Mujaid e Yago Gandoy.

Quedan fóra da convocatoria por lesión Borja Valle, Somma, Nolaskoain, Longo e David Simón, este con molestias no aductor dereito, pendente de probas médicas nos próximos días; ademais de Koné, sancionado pola súa expulsión do pasado mércores en ABANCA-RIAZOR ante o CD Numancia.

No adestramento desta mañá en Abegondo, tamén cos fabrilistas Valín, Boian e David Sánchez, após un quecemento, Anquela dispuxo dun repaso de accións a balón parado dirixido por Alejandro Esteve, rondos, un exercicio de finalizacións e, para concluír, un partido en espazo reducido pero só para os futbolistas que non actuaron de inicio o pasado mércores ante o CD Numancia.

Os convocados viaxan este mediodía a Cádiz, vía Sevilla, con esta folla de ruta:

Venres 17 de setembro
14:40: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
16:05: Chegada aproximada a Sevilla e traslado en autocar a Cádiz
17:30: Chegada aproximada ao hotel Occidental Cádiz

Sábado 18 de setembro
16:00: Cádiz CF - Deportivo, no Estadio Ramón de Carranza
Ao finalizar, regreso en autocar á Coruña

Domingo 19 de setembro
07:00: Chegada aproximada á Coruña

Tralo encontro, todo o cadro está citado de novo para adestrar o martes 24 de setembro ás 10:30 horas en Abegondo.