RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor participa no #DesafíoABANCA, triangular virtual de fútbol para recadar fondos para loitar contra os efectos do COVID-19

ABANCA organizou para a próxima fin de semana un torneo solidario de FIFA 20 para recadar fondos que contribúan a paliar os efectos do coronavirus. O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) abriu en ABANCA a conta ES23 2080 0388 2231 1000 3170 para recibir as doazóns das persoas que queiran colaborar con esta causa solidaria e que serán entregadas ao SERGAS ao finalizar o torneo. As doazóns deben facerse a través de transferencias a esta conta.

O torneo da próxima fin de semana reunirá ao tres principais equipos do fútbol galego que axudaremos desta forma ao fin benéfico do torneo. O Desafío ABANCA celebrarase os días 17, 18 e 19 de abril entre as 19:30 e 20:30 horas. Cada encontro terá unha duración de 20 minutos e cada equipo xogará un total de catro partidos, nos que participarán artistas galegos e futbolistas do Dépor, Celta e CD Lugo.

Os representantes de cada equipo serán Víctor Mollejo, Mujaid Sadick, Marcos Pereiro e Rodrigo Vázquez no RC Deportivo; Denis Suárez, Brais Méndez, Fran Cañotas e Duarte Galbán no RC Celta; Yanis Rahmani, Jaime Seoane, Victor Grande e Brais Doval no CD Lugo.

Os partidos contarán con Donato, Manel e Manu Rodríguez como ilustres comentaristas e serán narrados pola xornalista Rocío Candal. Todos os encontros poderán seguirse a través da web habilitada www.desafio.abanca.com, a TVG2 e Facebook Live.