RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pecha a semana cunha hora de traballo sobre o céspede en Abegondo

O Deportivo, cos fabrilistas Francis, Gaizka e Ricardo, pechou esta semana sen fútbol en LaLiga Santander cunha hora de traballo sobre o céspede de Abegondo, cuns rondos, fútbol en espazo reducido e un partido de área a área.

O meta Rubén retirouse antes que o resto dos seus compañeiros a consecuencia dunhas molestias nun dedo da súa man dereita, pendente de probas médicas nas próximas horas.

Bicho adestrouse co Fabril e Saúl está de permiso da Dirección Deportiva.

Ao finalizar a sesión, varios futbolistas (Fernando Navarro, Adrián, Albentosa, Gerard e Pedro Mosquera) pasaron na propia Cidade Deportiva un control antidopaxe rutineira.

O cadro ten mañá sábado e o domingo xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o luns 4 de setembro ás 18:30 horas.