RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor prepara as súas armas para o choque ante o Leganés

O Deportivo, cos fabrilistas Francis, One e Óscar, tivo esta mañá un adestramento fundamentalmente orientado a aspectos tácticos no campo 2 da Cidade Deportiva de Abegondo.

Após un quecemento e un roldo, Cristóbal Parralo dispuxo de dous equipos de 10 xogadores, a metade de campo. Traballou diferentes conceptos tácticos de cara ao encontro deste sábado 9 de decembro no Estadio ABANCA-RIAZOR (18:30 horas, Bein LaLiga) ante o CD Leganés, correspondente á xornada 15ª en LaLiga Santander.

Un partido área a área puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede. O técnico branquiazul recalcou especialmente xogadas a balón parado (saques de falta, córneres...)

Adestráronse á marxe Luisinho, Bruno Gama e Arribas. Tamén Fede Cartabia, que está sancionado e por tanto non poderá xogar nesta xornada, baixou a intensidade do adestramento. Os Servizos Medicos do Club aproveitarán para avaliar o estado físico do atacante arxentino.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.