RCD / NOVAS

O Dépor recupera aos seus internacionais para recibir mañá sábado en ABANCA-RIAZOR ao Alcorcón

22/11/2019 14:00

Ao terminar o adestramento desta mañá en Abegondo, Luis César citou a 18 futbolistas, entre eles o fabrilista Mujaid, para recibir ao AD Alcorcón mañá sábado 23 de novembro en ABANCA-RIAZOR (18:00 horas, Movistar LaLiga), en partido correspondente á 17ª xornada en LaLiga SmartBank.

Regresan os 3 internacionais (Lampropoulos, Gaku e Montero) que se perderon a visita da pasada fin de semana ao Extremadura UD polos compromisos das súas seleccións.

Quedan fóra da convocatoria de maneira obrigatoria os lesionados David Simón, Salva Ruiz e Jovanović.

Os futbolistas convocados concéntranse hoxe venres para cear no Hotel Meliá María Pita.

Na sesión de hoxe, o técnico deportivista, após un quecemento con xogos, dispuxo un partido 11 contra 11 no campo 2 como tarefa principal.

Ademais de Mujaid, hoxe traballaron ás ordes de Luis César os fabrilistas Gandoy, Álex Cobo e Valín.

Finalizado o choque ante o AD Alcorcón, o cadro regresará aos adestramentos o domingo 24 de novembro ás 11:00 horas en Abegondo.

RCD / AXENDA

07 AGO

Venres 20:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada42 RC Deportivo - CF Fuenlabrada