RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor repón forzas cunha sesión de menor intensidade

Como é habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo rebaixou esta mañá a intensidade do adestramento en Abegondo.

Así pois, após un quecemento e uns rondos, Cristóbal Parralo dispuxo dun traballo de finalizacións e, para concluír, un partido táctico once contra once.

Adestráronse co primeiro equipo os fabrilistas Edu Expósito, Óscar, One e Blas; ademais do meta canteirán Ramón.

Mañá venres 22, o cadro está citado no Estadio ABANCA-RIAZOR para unha sesión a porta pechada que arrancará ás 11:00 horas. Será a última antes de #ONOSODERBI deste sábado 23 de decembro (18:30 horas, Gol TV).