RCD / NOVAS

O Dépor viaxa este xoves para medirse ao Oviedo

02/08/2017 11:14

O Dépor desprázase este xoves 3 de agosto a Oviedo para medirse ao conxunto asturiano, que milita en LaLiga 123, no décimo amigable desta pretemporada.

O equipo branquiazul desprázase por estrada pola mañá e regresa nada máis finalizar o encontro no Carlos Tartiere, que arrancará ás 20:30 horas.

O plan de viaxe é o seguinte:

Xoves 3 de agosto
10:00: Saída en autocar a Oviedo
13:00: Chegada aproximada ao hotel Ayre Oviedo
20:30: Oviedo - Deportivo, no Carlos Tartiere
Ao finalizar, saída en autocar á Coruña

Venres 4 de agosto
2:00: Chegada aproximada á Coruña