RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor volveu ao céspede de Abegondo esta mañá en dous grupos

O Deportivo regresou esta mañá aos adestramentos en Abegondo despois do triunfo incontestable en Majadahonda que o manteñen líder do grupo 1º de Primera RFEF en solitario con 29 puntos, tres máis que o Real Racing Club.

Borja Jiménez dividiu ao seu cadro en dous grupos: os titulares onte no Cerro del Espino, ademais do canteirán Yeremay, bigoleador co Fabril ante o UD Somozas, tiveron unha mañá de recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Para o resto, incluídos os canteiráns Trilli, Noel e Alberto, a sesión foi de alta intensidade, cunha tarefa de finalizacións e fútbol en espazo reducido como exercicios principais.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O Dépor arranca o mércores 24 de novembro ás 11:00 a preparación do partido ante o Athletic Club B deste domingo 28 de novembro ás 17:00 horas (Footters) en ABANCA-RIAZOR.