RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA preparará con 5 adestramentos o choque ante o Atlántida de Matamá do domingo en Abegondo

03/12/2018 19:05

O Deportivo ABANCA preparará desde mañá martes con 5 sesións de adestramento a visita a Abegondo do SCD Atlántida de Matamá, prevista para o domingo 9 de decembro (12:00 horas), en partido correspondente á 12ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros, e 3 euros para os menores de 14 anos.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 4 de decembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 5 de decembro
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 6 de decembro
10:30: Adestramento en Abegondo

Venres 7 de decembro
19:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 8 de decembro
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 9 de decembro
12:00: Deportivo ABANCA - SCD Atlántida de Matamá, en Abegondo

En liga, despois de 11 partidos, Deportivo ABANCA e Oviedo Moderno CF marchan na cabeza con 31 puntos, aínda que a diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente ás deportivistas: +57 por +44 das ovetenses.