RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA tráese o tres puntos despois de remontar ante o Racing Féminas

O Deportivo ABANCA superou sen dúbida o partido máis complicado do que levamos de temporada, ao vencer ao Racing Féminas en Santander (1-2), na 6ª xornada do grupo 1º de Segunda División Nacional. As cántabras, máis entoadas de inicio, adiantáronse no marcador á media hora de xogo.

Na segunda parte, as branquiazuis fixéronse co mando do partido e lograron dar a volta ao resultado con dobrete de Peke.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA mantén o liderado con 18 puntos de 18 posibles, igualado a puntos co Oviedo Moderno, que ten peor diferencia de goles.

Deportivo ABANCA: Malena, Laura, Silvia Mérida, Miriam, Patri Rúa, Iris, Teresa Abelleira, Lía, Sara, Gaby e Peke. Tamén xogaron: Cris, Jone e Kika.

O próximo 29 de outubro, en quince días, o Deportivo ABANCA recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao pechacancelas, CF Vimenor.

Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)