RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo e Diego Caballo acordan a rescisión do contrato

O Real Club Deportivo e Diego Caballo Alonso chegaron un acordo para a rescisión do contrato que vinculaba a ambas as partes até final desta temporada.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Diego Caballo o seu esforzo, dedicación e traballo nas últimas temporadas para converterse nun futbolista destacado tanto no Fabril como no primeiro equipo, desexándolle toda a sorte do mundo a súa nova etapa profesional.